Escoitar

III Ciclo de Músicas Inmigradas: Uruguay

O Salón de actos da e-Trad programa para os venres 3 e 10 de xuño a segunda parte do Ciclo de Músicas Inmigradas adicado á música, danza e gastronomía tradicionais de Uruguay.Os Ciclos de Músicas Inmigradas que leva organizado a e-Trad dende o seu inicio teñen como fundamento dar a coñecer culturas foráneas á nosa da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso.

xoves, 2 xuñ 2011
1307018563musicasimgradas.jpg
Os protagonistas destas xornadas falarán das formas de vida, sociedade, gastronomía e, por suposto, das músicas e danzas tradiccionais do seu pais. Das posibles semellazas e diferenzas entre a súa cultura e a nosa. Da súa andaina por estes lares, o encontro coa nosa música …

En definitiva, trátase de fomentar a unión e a comunicación entre as diversas culturas que conviven xuntas facilitando a súa integración. Comprender que todolos pobos comparten a mesma forma de se divertir e unha linguaxe común; a música.

Este ano xa contamos coa presenza de representantes de Rumanía na primeira parte do ciclo e agora queda a segunda parte con representantes de Uruguay que empregarán a primeira tarde para poñernos en contexto: falar do seu país (localización, sociedade, economía, política …) e achegarnos ás súas tradicións musicais e danzas a través dunha serie de actividades nas que poderán participar todolos asistentes. A segunda xornada será de repaso das actividades e mostra da gastronomía do país, rematando festivamente cun intercambio cultural Galicia- Uruguay.

Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, foron os encargados de amosar o folclore e realizar actividades e demostracións musicais e de danza rumanas os días 13 e 20 de maio. E será agora a Comparsa "Urumundo", membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo "candombe", recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

Descargar todas as imaxes