Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán
Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrece ao alumnado recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como seguridade escénica,creatividade corporal e creación colectiva na escena. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 16 anos.
O primerio obradorio "SEGURIDADE ESCÉNICA" de 20 horas de duración, desenvolverase nas datas
comprendidas entre o 27 de Xuño e o 1 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro consiste no uso da técnica corporal na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.
O segundo obradoiro "CREATIVIDADE CORPORAL" de 20 horas de duración , desenvolverase nas datas
comprendidas entre o 4 e o 8 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro ten como obxectivo capacitar ó alumnado a recoñecer a creación da personaxe desde o corpóreo, poñer en práctica escénica as ferramentas de creación actoral a partires da metodoloxía do traballo corporal, desenvolver as capacidades creativas do propio corpo e adaptar a creatividade corporal á creatividade escénica.
O terceiro e último obradoiro "CREACIÓN COLECTIVA NA ESCENA" de 20 horas de duración,desenvolverase
nas datas comprendidas entre o 11 e o 15 de Xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro vai orientado ó proceso de creación desde a idea ata a posta en escena, baseándonos na colectividade como esencia da arte teatral; na voz, o corpo e as singularidades da personalidade dos actores/ bailaríns, é dicir da presenza anterior á escena deste.
As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao (interior)) en horario de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres ou mediante ficha normalizada poderá descargarse na web www.vigo.org no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo.Información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.