Abel Caballero da o seu "apoio incondicional" á construción naval de Vigo
O alcalde en funcións reuniuse na mañá deste martes con membros dos estaleiros máis representativos da ría de Vigo para valorar o marco europeo do tratamento fiscal que regula a construción naval. Tal e como lle transmitiron estas novas "condicións" poderían alterar as circunstancias nas que se desenvolve unha parte importante da actividade deste sector. Caballero xa avanzou que se porá en contacto co Ministro de Industria e que se establecerá un plan de actuación cos estaleiros vigueses
Abel Caballero mantivo un encontro con José Luis Méndez – Vulcano-, Jesús Freire- CNP Freire-, Alberto Iglesias -Metalships- e José Francisco González Viñas -Barreras- no que os empresarios lle transmitiron a súa preocupación polas perspectivas de aplicación fiscal que regula a construción naval en España. Trátase, segundo apuntou o alcalde, de "determinadas condicións de amortizacións, exención e diminución dos impostos do naval, que veñen funcionando desde hai anos e que neste momento Europa, como consecuencia dunha denuncia de estaleiros holandeses, está considerando".
Este cambio de normativa fiscal, tal e como apuntaron desde ambas partes, podería alterar "substancialmente" as condicións nas que se desenvolve unha parte importante da construción naval en España e en Vigo. Ante esta situación Abel Caballero manifestou o seu "apoio incondicional" ao naval vigués e avanzou que se porá en contacto co Ministro de Industria "para sinalar a relevancia para o emprego e a economía española destas circunstancias".
Caballero insistiu en que o que se tiña que producir era precisamente o contrario, "máis facilidades para soportar o impacto da crise económica". Neste senso explicou que se traballa xa cos estaleiros nun plan de actuación que permita levar adiante "movementos que fagan posible que as circunstancias fiscais que rodean os estaleiros de Vigo continúen adiante" na forma pactada co goberno central.
Descargar todas as imaxes