A compañía Proxecto Titoyaya interpreta o domingo a obra "Moniquilla y el ladrón de risas" no Auditorio Municipal
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural propón para o domingo un novo espectáculo no Auditorio Municipal para conmemorar o Día Mundial da Danza. Trátase da obra "Moniquilla y el ladrón de risas", que a compañía Proxecto Titoyaya interpretará ás 18 horas para todos os públicos. Por outra banda, a obra do programa Vigo a Escena "Cinderella Mix" que mañá, 30 de abril, ía a representar a compañía Artello-Teatro na Asociación Veciñal Praza da Miñoca, queda suspendida.
"Moniquilla y el ladrón de risas" é a primeira dunha serie de aventuras protagonizadas pola heroína Moniquilla acompañada dos seus amigos Matías e Vero. Nesta ocasión, terá que resolver un gran enigma: ninguén sabe que está ocorrendo para que todos os nenos do mundo olvidaran a risa. Para coñecer o desenlace será preciso acompañala nesta aventura a través de arbustos espías, bólidos caseiros, laboratorios e trampas cheas de perigos.
O prezo das entradas para asistir a esta obra é de 3 euros para nenos e nenas ata 12 anos e de 5 euros para maiores; pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación ou na web www.laboleteria.es. A programación completa da programación que organiza a Concellería de Cultura pódese consultar na web www.vigocultura.org.