Escoitar

Santi Domínguez afirma que é "un luxo" para a cidade ter un evento como o Racingshow, que se celebra mañá no Ifevi

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este venres que é "un luxo" para Vigo contar cun evento como o Racingshow Novacaixagalicia, que celebrará mañá a súa quinta edición no Instituto Feiral de Vigo. Segundo o nacionalista, trátase dun "evento perfecto", xa que nel participan grandes pilotos, como Markku Alen ou Stig Blomkvist, presente na comparecencia, ao mesmo tempo que "grandes promesas galegas teñen neste certame a súa oportunidade".

venres, 29 abr 2011
1304080612Racingshow.JPG
O nacionalista, que probou o circuíto nun coche conducido por Markku Alen, afirmou ademais que "temos que seguir apostando por grandes eventos como este". Ao seu xuízo, en época de crise como a actual é "cando máis falta fan eventos deste tipo", en referencia ao retorno económico que xeran para a cidade. Neste sentido, como concelleiro de Turismo e presidente do comité executivo do Ifevi, destacou a consolidación do recinto feiral vigués na celebración de acontecementos de relevancia internacional.

Santi Domínguez expresou os seus parabéns a Eventos del Motor, polo seu esforzo para que en Vigo "poidamos seguir gozando deste evento". Asemade animou aos afeccionados e afeccionados ao mundo do motor a achegarse ao Ifevi para gozar da proba na que participarán, ademais do finés Markku Alen, así como os mellores pilotos galegos e portugueses, dun total de 40, como Manuel e Víctor Senra, Alberto Meira, Luis Penido, Víctor Magariños, André Pimenta e Ricardo Costa, entre outros. O percorrido é o mesmo que o da pasada edición debido, de forma que o 50% será no interior do recinto e o 50% no exterior, onde se colocarán gradas para o público. As entradas teñen un prezo de 15 euros e poderán adquirirse na taquilla do recinto.
Descargar todas as imaxes