Escoitar

O alcalde propón á Xunta e á Deputación conveniar a atención educativa dos escolares de Vigo con discapacidade

Abel Caballero mantivo hoxe martes un encontro con 17 nais con alumnos e alumnas con necesidades especiais, quenes solicitaron o apoio municipal porque a Xunta de Galicia está retirando o seu respaldo. Pese a ser competencia autonómica, o alcalde ofreceu á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra un convenio para sufragar entre as tres institucións públicas as necesidades educativas destes escolares da cidade.

martes, 15 mar 2011
1300197660foanpas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou hoxe martes á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a asinar un convenio a tres bandas para sufragar as necesidades educativas dos alumnos e alumnas de Vigo con discapacidades.

O alcalde reuníuse con 17 nais pertencentes á Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPAS) que lle plantexaron as necesidades de atención dos nenos e nenas con dificultades especiais, aos que a Xunta de Galicia está a retirar ao apoio. Caballero asegurou que o colectivo está nunha "situación límite de necesidade extrema" da que a Xunta de Galicia é a responsable ao ter as competencias do ensino.

Propón Caballero á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra asinar co Concello de Vigo un convenio para que o municipio atenda aos rapaces pagándolo entre as tres partes. Pese a ser obriga da Xunta, "o Concello non quere deixar de atender a estes chicos e chicas que están nunha situación tan complicada, ás súas familias e ás súas necesidades educativas", asegurou o alcalde.

Cultura`
O alcalde tamén referíuse a unha reunión celebrada hoxe co cluster de libreros de Galicia para "facilitar a implantación de feiras de libros e actuacións culturais relativas ao libro en Vigo". Abel Caballero ofrece do goberno local "todo o apoio necesario para potenciar a lectura", as feira e a cultura do libro.
Descargar todas as imaxes