Escoitar

Xornadas "Lingua, xénero e comunicación"

Durante os días 4 e 5 de abril a Casa das Mulleres acollerá as xornadas "Lingua, xénero e comunicación". Organizadas pola concellería de Igualdade estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012), aprobado pola corporación municipal en novembro de 2009, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non sexista

martes, 15 mar 2011
1300194609322.jpg
Durante dúas xornadas en horario de tarde, relatoras de distintos eidos como Belen Puñal, xornalista, Eulalia LLedó, filóloga, Aurora Marco, lingüista, e Anna Amorós, profesora de cine, analizarán a presenza das mulleres nos medios de comunicación, o tratamento da muller nos medios audiovisuais, o sexismo na linguaxe e claves para a elaboración dunha información non sexista.

As persoas interesadas deberán enviar a ficha de inscrición a través do noso fax 986 430 082 ou ben, enviar os datos a través do seguinte enderezo electrónico: xornadas@igualdadevigo.org

Prazas limitadas

Pódese descargar o programa e a folla de inscrición no seguinte arquivo adxunto:
Descargar todas as imaxes

Máis información