María Méndez confirma a implantación en Coia do proxecto "Crecendo na diversidade" para previr condutas de risco
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes a inclusión de Coia no programa "Crecendo na diversidade", de prevención de condutas de risco dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A concelleira nacionalista asegurouno na xuntanza que mantivo hoxe cos equipos directivos e de orientación dos centros escolares de Coia, de xeito que esta zona se suma ao centro, Calvario e Teis.
María Méndez explicou que este programa está especilamente dirixido a rapaces e rapazas procedentes de familias desestruturadas, monoparentais, minorías étnicas ou que pola situación dos proxenitores non están atendidos polas tardes ou non poden acceder ás actividades extraescolares. "Son menores que requiren reforzo por distintos motivos", asegurou.
A concelleira de Benestar Social indicou que a través deste proxecto, posto en marcha a finais de 2010, o persoal educador traballa cos nenos e nenas "tanto no seu tempo de lecer como no de estudo". Salientou que os principais obxectivos do programa son fomentar a adquisición de habilidades sociais dos nenos e nenas participantes e superar os problemas de adaptación.
A nacionalista destacou que "Crecendo na diversidade" dá respostas ás demandas formuladas polos equipos directivos e de orientación dos centros escolares. Afirmou que o éxito acadado en Teis, coa mellora tanto no rendemento académico como no comportamento dos participantes, impulsou a súa ampliación á zona centro, ao Calvario e agora a Coia. "Queremos extendelo ao máximo de barrios posibles", avanzou a responsable de Benestar Social.
Segundo apuntou María Méndez, este programa é unha ferramenta para cumprir o compromiso da Concellería de Benestar Social coa igualdade de oportunidades e a integración de todas as persoas. Finalmente, indicou que os menores participantes poder ser derivados dende o departamento de Familia do Concello, as unidades básicas de atención social e os propios centros escolares.
Descargar todas as imaxes