Caballero ofrece o mantemento municipal dos xardíns do Areal que o Porto proxecta arranxar
O alcalde de Vigo asegurou este martes que o Concello de Vigo está disposto a realizar o mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo. En rolda de prensa, Caballero informou da remisión dun escrito á Autoridade Portuaria a mediados de decembro amosando a "satisfacción" municipal pola iniciativa e solicitando coñecer detalles do proxecto e do posterior mantemento da zona, que ata o momento vén realizando o Concello.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este martes que o Concello se encargue do mantemento dos xardíns do Areal que proxecta arranxar o Porto de Vigo, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre as administracións.
Caballero remitíu o 15 de decembro unha carta á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, amosando a "satisfacción" municipal pola iniciativa portuaria para a zona, onde o goberno local ten un parque biosaudable e unha zona de ocio infantil.
O alcalde explicou que lle solicitou no escrito -aínda pendente de contestación- coñecer os detalles do proxecto e como se proxecta o mantemento posterior dos xardíns, que ata o momento vén acometendo o Concello vigués. Abel Caballero aclarou que se precisa saber o planteamento portuario para definir se é preciso ou non retirar da zona os parques infantil e biosaudable que o Concello ten dispostos en Areal.
Descargar todas as imaxes