Escoitar

O Concello buscará patrocinios para que investigadores da Universidade de Vigo poidan fabricar un prototipo de baixo consumo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este martes cun equipo de investigadores da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, que están preparando un prototipo para ensamblar e poder competir na Shell Eco-Marathon internacional de 2012, unha carreira de vehículos de baixo consumo. Caballero comprometeu un "xesto" coa comunidade universitaria viguesa e apoiará aos estudantes na procura de patrocinadores.

martes, 28 dec 2010
1293544077shell.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que o Concello buscará patrocinios para que investigadores da Universidade de Vigo poidan competir na Shell Eco-Marathon de 2012 de vehículos de baixo consumo.

Caballero garantiu este apoio hoxe ao equipo de investigadores da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, que buscan financiamento para poder ensamblar e competir co seu prototipo deseñado para esta carreira internacional dirixida a estudantes.

A Shell Eco-Marathon empezou a disputarse en Francia fai máis de 25 anos, sendo unha competición automobilística dirixida a equipos de estudantes de centros educativos na cal o gañador non é o primeiro en cruzar a meta, senón o que menos combustible utilizou. O obxectivo desta competición é simple, deseñar e construír o prototipo que consuma menos combustible e emita menos emisións.

Os tipos de combustibles permitidos van desde o hidróxeno ata a gasolina convencional, pasando por motores eléctricos propulsados por enerxía solar.
Descargar todas as imaxes