Escoitar

Aberto o prazo para participar no programa ¡Un día no Zoo!

martes, 25 xuñ 2002
Xa esta aberto o prazo de inscrición do programa “Un día no Zoo”, que comezará o vindeiro 1 de xullo e esta dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos para que participen de tódalas actividades que Vigozoo ofrece, atendidos por monitores. A Concellería de Medio Ambiente fixo este proxecto como unha alternativa ó tempo libre que os nenos e as nenas teñen en vacacións de verán, ó tempo que lles dá unha visión do zoo dende o punto de vista da educación ambiental.

A inscrición ten un custo de 25 euros por neno, no que se inclúe o xantar, a merenda, e a entrega de material didáctico, camiseta e gorra do Zoo con lembranza da visita. O horario desta actividade é dende as 10,30 horas da mañá ata as 19,30 horas do serán.

Os organizadores do programa pretenden que ó mesmo tempo que o participante disfruta dunha estancia neste centro poida adquirir unha serie de coñecementos mediante a observación de diferentes elementos educativos, que estimulan e enriquecen a visita.

Para mais información chamar a VIGOZOO. Teléfono: 986.26.77.83