A mostra fotográfica de Magar na Casa das Artes recibe 2.125 visitas nos primeiros días
A exposición ”Vigo, 40 anos en branco e negro” do fotógrafo Magar recibiu 2.125 visitantes desde a súa inauguración o pasado venres 3 de maio. A mostra, organizada pola Concellería de Cultura, ofrece unha visión senlleira do fotoxornalismo vigués desde o franquismo á actualidade.
Magar relata os acontecementos máis destacados da cidade a través de 357 imaxes en branco e negro. Inauguracións, derrubamentos, visitas de persoeiros, inundacións, incendios ou manifestacións son algúns dos temas elixidos para contar a historia recente de Vigo.
O interese que suscita esta exposición vén demostrado coa afluencia de visitantes, xa que o día da inauguración asistiron 370 persoas, o sábado, 912: o domingo, 261: o luns 274 e o martes, 308.
”Nesta mostra, Magar dá fe da evolución de Vigo e das súas xentes dende esa ollada sometida ás urxencias do día a día periodístico. Un traballo exhaustivo que lle obrigou a rescatar entre os milleiros de fotografías dos seus ficheiros 350 momentos destes últimos 40 anos, dende as homenaxes brazo en alto ó Caudillo ata o masivo respaldo á Autonomía, sen que falten inauguracións, derrubamentos de vellos edificios ou momentos tráxicos ou gozosos vividos na urbe”, relata Fernando Franco na introducción do catálogo.
Descargar todas as imaxes