Estudiantes vigueses pecharán o Correlingua co lema ”Fala, non cales”
A Concellería de Normalización Lingüística presentou o Correlingua 2002 que percorrerá once vilas e cidades galegas para manifestar publicamente que o galego é o idioma que representa os participantes. Alumnos de infantil, primaria, secundaria e, por vez primeira, da Universidade de Vigo pecharán o vindeiro 16 de maio esta carreira a prol do uso da lingua.
O Concello, Caixanova e a Universidade de Vigo patrocinan esta marcha co lema ”Fala, non cales”, na que colaboran a AS-PG, CIG-Ensino, Nova Escola Galega, a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística e a Mesa Pola Normalización Lingüística. Na pasada edición participaron 30.000 alumnos de toda Galicia.
María Xosé Rial, da Mesa pola Normalización Lingüística, destacou que o Correlingua é unha proposta lúdico-educativa ”que intenta implicar o sector infantil e xuvenil, responsable do futuro da lingua e no que se detecta un descenso de falantes como demostran os últimos estudios realizados”. O Correlingua quere ser un acto participativo arredor da celebración do 17 de maio.
Agasallos, camisetas, xogos de rol, un manifesto e un himno elaborado por Xurxo Souto serán algúns dos atractivos creados para esta edición.
Xesús Fernández Rivas, representante dos equipos de Normalización Lingüística e CIG-Ensino, sinalou que ”o Correlingua é a denominación que adoptaron as carreiras que se viñan convocando por todo o país en prol do idioma”. Trátase da necesidade de reivindicar nun acto público o dereito a medrar en galego de cara a garantir o uso do idioma no futuro, explicou. O ámbito educativo segue a estar desgaleguizado e de aí que o destinatario preferente sexa o alumnado, afirmou Fernández.
Programa
Xoves 16 de Maio
PERCORRIDO: PRAZA DO REI - PARQUE DE CASTRELOS (Concello/Praza do Rei - Avda. Hispanidade - Pintor Colmeiro - Praza Independencia - Avda Camelias - Praza América - Avda. Castrelos - Parque)
SAÍDA: 11h. da Praza do Rei para os alumnos ”maiores”
CHEGADA: 12 h. a Castrelos
HORA PREVISTA DE FINALIZACIÓN DOS ACTOS: 13.30 h.
Percorrido interior en Castrelos para infantil e primeiro ciclo de primaria. Para este alumnado, que deberá estar ás 11 h. en Castrelos, haberá ademais xogos populares integrados no percorrido. Sería bo que os nenos/as estivesen identificados co seu nome.
O ACTO DE CASTRELOS consistirá na intervención de XURXO SOUTO e demais persoeiros convidados así como das organizacións convocantes. Entrega de premios e agasallos.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes