Escoitar

Abel Caballero asegura que o Pacto Europeo de Alcaldes supón "un novo chanzo" na loita contra o cambio climático

O alcalde vigués participou onte martes no Parlamento Europeo de Bruselas nunha reunión de autoridades locais para facer unha "fronte común" polo clima. Caballero recordou que as cidades emiten máis da metade do CO2 do continente, e en Vigo "estamos na dirección contraria" porque a cidade olívica "leva tempo traballando" na materia. O socialista apuntou algunhas actuacións ao respecto, como as humanizacións e o proxecto de "cidade piloto" do coche eléctrico.

mércores, 5 mai 2010
1273061828bruselas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o Pacto Europeo dos Alcaldes representa "un novo chanzo" na loita contra o cambio climático.

Así o expresou Abel Caballero despois de participar onte no encontro no Parlamento Europeo de Bruselas na que participaron 700 alcaldes, "a reunión de alcaldes máis importante que fíxose nunca para facer unha fronte común contra o cambio climático", sinalou o socialista.

O alcalde vigués recordou que o presidente de turno da Unión, José Luis Rodríguez Zapatero, apostou na súa intervención en Bruselas pola "importancia do poder local" na loita polo clima. Caballero indicou que o 75% dos europeos viven nas cidades, e que éstas desprenden máis da metade das emisións de CO2 totais do vello continente.

Abel Caballero incidíu que Vigo "leva tempo traballando" na reducción das súas emisións e afirmou que o Concello encargou fai un ano a elaboración dun mapa que reflicte que, entre 1999 e 2008, Vigo rexistrou pérdas na captación de CO2 de 103.000 toneladas. "Neste momento estamos na dirección contraria", asegurou o alcalde, quen apuntou á política de humanizacións como medio de diminución das emisións e de captación de CO2, grazas aoo arborado e o espazo verde.

Xunto ás humanizacións, Caballero subliñou o proxecto vigués para converterse en "cidade piloto" do automóbil eléctrico, unha iniciativa que conta co aval do Ministerio de Industria e que o alcalde vigués transmitíu ao Presidente do Goberno na viaxe da delegación española a Bruselas.

Depuradora
A "terceira pata" na loita viguesa polo medioambiente radica na nova Estación Depuradora de Augas Residuais do Lagares. O alcalde fixo un chamamento á Xunta de Galicia para que retome "o antes posible" a tramitación -xa iniciada- da expropiación dos terreos, o que sería un "xesto" da administración autonómica, posto que o compromiso do Concello é abonar o seu custo "o mesmo día" da sinatura do convenio.

O alcalde explicou que o Concello non pode abonar "legalmente" os terreos da nova EDAR sen a sinatura do convenio coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Medioambiente, e recordou que a nova depuradora liberará espazos ocupados pola actual, o que fará posible que unha parte importante da marisma sexa recuperada.
Descargar todas as imaxes