A Corporación aproba o proxecto do aparcamento de Urzaiz
A Corporación municipal, reunida hoxe en sesión plenaria, aprobou o proxecto de execución de aparcamento sotárrego na rúa Urzaiz e ordenar que se leve a cabo un seguimento continuo do control da edificación existente en ámbalas marxes, realizada por unha empresa especializada seguindo a supervisión dos servicios técnicos municipais.
O Pleno aprobou o programa de ”cumprimento de penas en beneficios da comunidade” que xestionará a oficina municipal de voluntariado da concellería de Participación Cidadá e adheriuse ó convenio de colaboración entre o Ministerio de Interior e a Federación Española de Municipios e Provincias para a xestión do devandito programa.
Os concelleiros admitiron os pregos de condicións para a contratación por procedemento aberto da instalación e explotación dun restaurante- cafetería e dunha tenda especializada na historia, o arte e a cultura no edificio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Na sesión plenaria adxudicouse a operación de préstamo do ano 2002 á entidade Caixagalicia por ser a oferta máis ventaxosa para os intereses municipais e outorgouse á ONCE as concesións administrativas para a ocupación privativa do dominio público municipal coa instalación de dous quioscos para a venda do cupón na rúa Gran Vía 76, e rúa Fragoso 103.
Autorizouse tamén a alta no inventario municipal de bens e dereitos, dunha parcela de 7.700 m2 no Monte de Aeeiro (Bembrive) para a construcción dun centro de Terceira Idade e deuse de baixa como públicos os camiños Carrazóns e Manuel Cominges da parroquia de Matamá.
O Pleno aprobou o Estudio de Detalle da U.E. 1 “Tomada”, en Navia que permitirá a creación dun complexo residencial e unha zona verde na parroquia. A superficie ordenada abrangue 18 mil metros cadrados a carón da Alameda e a igrexa de Navia. Case a metade dese terreo reservarase para zona verde como ampliación da Alameda. No resto construiranse ata 43 vivendas unifamiliares que estarán comunicadas por un vial de nova creación.
A Corporación deu o visto e prace o texto refundido do Plan Especial de reforma Interior do Peri Pazos que se executará mediante o sistema de compensación: o estudio de detalle nas rúas Pedro Alvarado-Dr. Corbal e a aprobación definitiva da segunda modificación do Plan Especial de equipamento docente e infraestructura viaria no Campus Universitario de Vigo. Recoñeceuse tamén o dereito de realoxo ás 18 persoas ocupantes legais de vivendas a demoler, emprazadas no ámbito da UE Rosalía de Castro II.
Descargar todas as imaxes