Benestar Social apoia unha conferencia sobre a enfermidade de Crohn que se celebra este sábado
A Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Vigo organiza unha charla para dar a coñecer as características e tratamentos desta doenza. Intervirán os doutores Eduardo Novoa Morón e Víctor Ruiz Ochoa. A cita será o sábado 27 de abril ás 19:00 horas no Centro Cultural de Caixa Galicia.
A titular de Benestar Social, Belén Sío, explicou que a Concellería presta o seu apoio ás actividades organizadas por este colectivo coa pretensión de favorecer a busca de normalización dos ámbitos social e laboral dos enfermos de Crohn, mediante a difusión dos seus síntomas, para recoñecer a afección e facilitar o seu tratamento.
Diarrea crónica, dor no abdome e anemia poderían ser parte do cadro sintomático da doenza que afecta a 5,5 persoas cada 100.000 habitantes nos países máis desenvolvidos, segundo as estimacións.
O colectivo creouse en Vigo en 1992 e está integrado na asociación homónima con sede en Madrid, recoñecida como de utilidade pública. O local desta asociación en Vigo está na rúa Marqués de Valladares, 12-2º oficina 9 (teléfono 986-221058)
MÁIS INFORMACIÓN