Escoitar

Aprobada a ampliación da rúa Pizarro

xoves, 25 abr 2002
A Xerencia de Urbanismo deu o seu visto e prace ao proxecto de ampliación da rúa Pizarro presentado pola propiedade da denominada “Finca Pizarro”. Ese proxecto foi elaborado a instancias do alcalde, que asinou unha resolución indicando que era urxente desmontar o talude de máis de doce metros de altura que bordea a devandita rúa.

O proxecto, avaliado en 102.000 euros, prevé a ampliación de Pizarro dende os 13 aos 22 metros de anchura. O talude existente escalonarase para evitar o risco de desprendementos. Paralelamente estase a tramitar o Peri S. Roque A, que ordenará todo o ámbito comprendido entre as rúa Pizarro, Vázquez Varela e o Couto de S. Honorato.