Escoitar

O Concello recomenda que mañá se evite circular en coche polo centro da cidade

mércores, 24 abr 2002
imx1332.jpg
Urzaiz
Mañá día 25 de abril é xornada festiva en Portugal. Moitos cidadáns do país veciño aproveitarán a ocasión para desprazárense a Vigo, polo que é previsible que a partir de media mañá se produza unha importante afluencia de vehículos pola Avenida de Madrid e que no decurso do día aumente de forma apreciable o tráfico nas rúas do centro da cidade (Gran Vía, Venezuela, Urzaiz, Ecuador…)

Para afrontar esta situación o departamento de Tráfico do Concello incrementará a presencia policial na avenida de Madrid e nas rúas do centro, coa fin de axilizar a circulación e informar aos visitantes. De todos os xeitos recoméndase que, no posible, se evite circular con vehículos privados por esa zona da cidade e se utilice o transporte urbano.

O incremento de vehículos procedentes de Portugal comezará a notarse en Vigo a partir das once da mañá. Entre as doce do mediodía e as sete da tarde prevese unha alta densidade de tráfico nas principais ruas da cidade. Tamén é probable que se produzan retencións na Avenida de Madrid en sentido de saída de Vigo entre sete e nove do serán.
Descargar todas as imaxes