Reformado un xardín de López de Neira
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns concluiu a reforma do parterre situado na esquina de López de Neira con Progreso que consistiu na retirada de dous cedros, por motivos de seguridade cidadá, e na recuperación do estilo e ambiente que presentaba con anterioridade.
Nesta actuación incluíronse especies sombrías como unha camelia de gran porte e un carpe, ademais da utilización de cobertura arbustiva de brezos, azaleas e rododendros. Estas especies son acidófilas, é dicir, precisan un substrato ácido para poder desenvolverse. Outra das características que presentan é que son propias da xardinería galega dos pazos.
O obxectivo desta actuación, que contou cun presuposto de 141.428 euros (850.000 pesetas), foi tratar de magnificar este xardín da esquina situada entre López de Neira e Progreso para recobrar o encanto particular que presentaba. Os veciños da zona estaban identificados con este xardín que mesmo formou parte da localización de exteriores na rodaxe dunha película danesa.
Descargar todas as imaxes