Vigozoo contará cun campamento de verán para os visitantes
A Concellería de Medio Ambiente organizará en Vigozoo un campamento de verán e unha granxa-escola que entrará en funcionamento no próximo curso escolar. Estes cursos serán impartidos polos monitores do departamento de Educación Ambiental.
Proximamente inaugurarase o restaurante-cafetería e a primeira fase do taller interactivo ”Toca, toca-non toques”, a partir da instalación do herpetario-insectario-mariposario. Está prevista tamén a creación dunha tenda na que se poderán mercar agasallos con motivos animais.
Con esta actuación da Concellería de Medio Ambiente preténdense poñer en valor os recursos existentes no zoolóxico e introducir novidades que atraian á poboación infantil para que participe nas actividades que fomentan o coñecemento dos animais.