Espada Recarey será o Valedor do Cidadán
A Corporación nomeou, por aclamación, a Luis Espada Recarey como Valedor do Cidadán, comisionado do Pleno para a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Vigo, que poderá supervisar a actuación da Administración pública municipal e o resto dos organismos e entidades dependentes dela, no ámbito das competencias que se lle atribúen no regulamento.
O Valedor e o seu adxunto Antón Vidal Andión foron elixidos por un período de cinco anos. Poderán seren reelixidos con carácter indefinido e o desempeño dos cargos será honorífico.
A condición de Valedor do Cidadán é incompatible con todo mandato representativo, con calquera cargo directivo na Administración, nas empresas públicas ou participadas e, en xeral, con calquera cargo de carácter ou contido políticos. É incompatible tamén coa afiliación a partidos políticos, centrais sindicais e asociacións empresariais, ademais do exercicio de carreiras xudicial e fiscal.
Toda persoa natural ou xurídica, sen distinción de clase que teña interese lexítimo poderá dirixirse ao Valedor do Cidadán. Os concelleiros de Vigo e mailos grupos municipais constituídos poderán pedir mediante escrito motivado, a intervención do Valedor do Cidadán para a investigación ou esclarecemento de actos, resolucións e conductas concretas efectuadas na Administración municipal de Vigo, que lle afecten a un cidadán ou grupo de cidadáns.
Competencias
As competencias do Valedor do Cidadán esténdese á Administración municipal do Concello de Vigo, aos seus organismos autónomos, empresas e demais entes públicos que dela dependan ou que nela participen, aínda que esta sexa minoritaria: aos servicios xestionados mediante concesión administrativa e, en xeral, calquera organismo ou entidade pública ou privada, que realice funcións de servicio público e se atope suxeita a calquera tipo de tutela naquilo no que afecte ás materias integradas na competencia da Administración Municipal de Vigo.
Das queixas ou denuncias que reciba o Valedor do Cidadán que fagan referencia ás administracións públicas alleas á Administración municipal, o Valedor do Cidadán informará, orientará e tramitará a petición do interesado a correspondente queixa diante do ”Defensor del Pueblo” ou do ”Valedor do Cidadá” no seu caso.
Quedan excluídos da competencia do Valedor do Cidadán a Administración periférica do Estado e da Xunta de Galicia no municipio de Vigo e os organismos autónomos, empresas públicas ou que participen ou concesionarias de servicios públicos da Administración do Estado e da Xunta de Galicia: a Administración de Xustiza: tódalas cuestións de persoal ou que estean sometidas a procedementos xurisdiccionais e as funcións de control político da actividade municipal.
Tramitación de queixas
As queixas ou denuncias que se dirixan ao Valedor do Cidadán formularanse polo propio interesado, nun escrito e no prazo máximo dun ano, que contará a partir do momento no que coñecese os feitos que a motivan. As actuacións que acheguen queixas perante o Valedor do Cidadán serán gratuítas para o interesado sen que sexa necesaria a asistencia do letrado ou procurador.
Admitida a queixa, o Valedor do Cidadán promoverá a oportuna investigación sumaria e informal, para o esclarecemento dos seus presupostos e informará ao interesado dos seus resultados.
O Valedor do Cidadán dará conta anualmente ao Pleno do Concello de Vigo da xestión realizada e os informes estarán a disposición dos veciños.
Descargar todas as imaxes