Escoitar

Educación pon en marcha a "Campaña de Animación á Lectura – CONTARTE

Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración con "OCO EDITORA, S.L.", pretende traballar na procura do fomento do hábito lector na poboación escolar de educación primaria. A campaña desenvolverase do 7 de abril ó 7 de maio na que participarán más de 3.000 escolares de 34 centros.

mércores, 7 abr 2010
1270643265conferenciaeducacion.jpg
"A Campaña de Animación á Lectura – Contarte 2010" aposta polo álbum ilustrado, pola existencia dun espazo de creación para autores e ilustradores que lle ofreza ao lector máis novo a oportunidade de mergullarse nuns textos moi coidados e adaptados a súa idade.

Dende o 7 de abril ata o 7 de maio 34 centros de ensino da cidade participarán neste programa lector, formativo e de entretemento.O programa desenvolverase a través dos obradoiros "Qon Ollo!", baseado nos libros "A bruxa regañadentes" e "Pulga e Xigante", e "Q ninpintado" baseado no libro "Caderno do Animalista". Estos obradoiros están apoiados nos medios audiovisuais coa proxección de imaxes e elementos tridimensionais. Implica tamén a achega de 680 libros, en 34 lotes bibliográficos, integrados por 20 títulos cada un deles, que terán como destino bibliotecas de centro e/ou aula dos centros participantes.

O programa complétase coa exposición "Caderno do Animalista" nas dependencias do IME ao longo da duración da campaña, e a conferencia-obradoiro inaugural "Qontrastes Literarios!" que terá lugar o xoves 8 de abril ás 19,30 hs no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación, especialmente pensada para alumnado e profesorado de ensino medio, universitario, bibliotecarios, e público en xeral, coa asistencia gratuíta e aberta ata completar o aforo. Na mesma, descubrirase da man do escritor Antón Fortes, o monólogo interior, a picaresca contemporánea, o naturalismo, a psiconarración, a trama histórica ...

Antón Fortes é o autor do "Caderno do Animalista", que propón un paseo didáctico pola pintura do último século, revisada con humor e ironía dende unha perspectiva singular: o reino animal. Esta álbum ilustrado forma parte da colección Oqart de OQO Editora e foi recoñecido co segundo premio libro infantil e xuvenil mellor editado 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura.
Descargar todas as imaxes