Escoitar

Santi Domínguez anuncia que Lavadores completará a súa a oferta deportiva cun amplo complexo de pistas abertas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentaron este mércores o novo complexo deportivo de Barreiro, que conta cun orzamento de 1.130.000 euros con cargo ao Plan FEIL 2010. Segundo Santi Domínguez, este polideportivo ubicado nunha gran zona verde, completa a oferta deportiva de Lavadores, xa que ao seu carón se atopa o complexo de auga, e responde ás necesidades da veciñanza.

mércores, 7 abr 2010
1270644998zonadeportivabarreiro.jpg
"A aposta do BNG polo deporte non ten ningún tipo de dúbida, porque é un elemento fundamental na sociedade viguesa", salientou o tenente de alcalde. Nese sentido afirmou que nesta lexislatura, a aposta nacionalista polo deporte "foi clara dende o principio". Por outra banda, destacou que o proxecto deportivo de Barreiro dá resposta a "unha vella demanda" da veciñanza de Lavadores e sinalou que foron os propios veciños e veciñas quenes apuntaron a necesidade dunha área deportiva nos terreos do antigo cuartel de Barreiro.

Santi Domínguez explicou que este proxecto consiste nunha área deportiva "aberta e de autoxestión", na que calquer veciño ou veciña poderá facer uso das instalacións "sen ningún tipo de burocracia administrativa". Indicou que o polideportivo constará dunha pista descuberta de 23x44 metros cadrados, para practicar fútbol sala, baloncesto ou balonmán; unha área destinada aos deportes de raqueta con catro pistas cubertas e catro descubertas, que complementarán as instalacións de Samil, nas que hai lista de agarda; unha área adicada aos deportes tradicionais, con cinco pistas para practicar petanca e dúas para chave; e finalmente unha pista de skate de 550 metros cuadrados. Asemade, explicou que nunha zona anexa haberá un pequeno edificio soterrado no que se ubicarán os vestiarios, aseos e zona de almacenamento.

Respecto ao prazo de execución o tenente de alcalde sinalou que é aproximadamente de sete meses e que está previsto que comecen as obras a principios do vindeiro mes, xa que o proceso está en fase de licitación. Santi Domínguez felicitou ao "artífice deste proxecto", o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e destacou o seu empeño en impulsar as instalacións deportivas da cidade. "Se algo vai quedar en Vigo nesta lexislatura serán as instalacións deportivas", afirmou. Neste sentido, Xabier Alonso destacou que cunha das liñas de traballo da Concellería de Deportes é precisamente a mellora das infraestruturas deportivas, polo que asegurou que este 2010 "é o ano do gran salto" neste eido.

O concelleiro de Deportes lembrou ao respecto que se está rematando o complexo deportivo de Navia con pavillón deportivo e campo de herba sintética, as piscinas de Barreiro e Florida, así como outras instalacións en Cabral. "Temos que darlle resposta aos deportistas federados, con instalacións do máximo nivel. Pero tamén temos que pensar nos veciños e veciñas que queren practicar deporte", destacou. Así, sobre a xestación do complexo de Barreiro indicou que se celebraron moitas xuntanzas coa veciñanza para determinar as necesidades e que posteriormente deron lugar a este proxecto deportivo.

En resposta aos medios sobre o arranxo das instalacións deportivas da ETEA, o tenente de alcalde sinalou que hai un convenio coa Zona Franca para iniciar a mellora da zona deportiva e que, neste momento, se está estudando que arranxos se levarán a cabo. O concelleiro de Deportes lembrou que a mellora desta infraestrutura foi "un empeño do BNG nas negociacións do pacto de goberno".
Descargar todas as imaxes