O Concello outórgalle licencia a Caixanova para rehabilitar “Casa Bárcena”
O Concello concedeulle a Caixanova a preceptiva licencia para rehabilitar o edificio situado na rúa Policarpo Sanz 24-26 esquina Velazquez Moreno 18-20, o inmoble coñecido como “Casa Bárcena”. A entidade de crédito vai investir 723.500.000 pesetas no acondicionamento do edificio para ubicar nel diversas dependencias culturais.
A licencia establece que as obras deben manter a fachada principal, os muros de carga interiores e as portas de acceso ás vivendas, xa que a parcela está clasificada dentro do ámbito do Plan Especial de Edificios a Conservar. Ademais reflíctese a obriga de que Caixanova ceda urbanizados 290 m2 do patio cuberto interior. A conservación do uso desa superficie correrá a cargo do promotor e dos propietarios e copropietarios dos locais comerciais e vivendas do inmoble.