O alcalde anuncia a intención de construír varios aparcamentos públicos na cidade
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, anunciou esta mañá que o Goberno municipal está a estudiar a construcción de varios aparcamentos públicos na cidade. O equipo de goberno está realizando as xestións pertinentes para crear novos aparcamentos nas seguintes zonas: O Calvario, o contorno de Vía Hispanidade, a confluencia da rúa Venezuela coa Gran Vía e o barrio de Bouzas.
O alcalde explicou que a construcción destas infraestructuras non se realizará de forma simultánea para aminorar as molestias aos cidadáns.
Lois Pérez Castrillo sinalou tamén que o aparcamento soterrado de Bouzas poderá entrar en servicio este mesmo ano e que o da praza da Independencia se abrirá en canto o Concello reciba oficialmente as obras. Tamén dixo que se lle van trasladar ao Pleno da corporación os informes técnicos sobre o proxecto constructivo do aparcamento da rúa Urzaiz para que a corporación se pronuncie sobre as medidas que debe adoptar a empresa concesionaria para garantir a seguridade da obra e aminorar o seu impacto.