Escoitar

Pedro Guerra actuará no Teatro Cine Fraga dentro do ciclo ”Voces de Autor”

mércores, 4 abr 2001
imx92.jpg
O Ciclo “Voces de Autor”, organizado pola Concellería de Cultura, chega ó seu final, cun broche de ouro: a presentación en concerto do último disco do cantautor Pedro Guerra, “Ofrenda”, que vén de saír ó mercado a finais do pasado mes de marzo. A cita será no Teatro Cine Fraga o xoves 5 de marzo ás 20:30 horas.

Con Pedro Guerra ponse fin a un ciclo dedicado ós cantautores que contou coas actuacións estelares do Gran Wyoming e Reverendo, Ismael Serrano, e Imanol. Catro estilos diferentes que supoñen unha mostra do estado actual da composición, tanto de letra como de música, no noso país nos últimos anos.

”Ofrenda”, de Pedro Guerra, é, sen dúbida, o concerto con máis exito dos catro. Guerra converteuse nun referente da composición musical en España nos últimos anos. Na súa última obra, realizou unha mestura de distintos sons, cálidos todos eles, nos que envorcou os seus sentimentos para conseguir unhas melodías de beleza conmovedora, segundo escribiron os críticos musicais máis importantes.

“Ofrenda é un intento de facer comprender que ningunha persoa é máis importante ca outra, veña de onde veña, e que as persoas non somos meros números nin temos prezo, pese a que haxa quen pretenda demostra-lo contrario”, di Pedro Guerra a propósito do disco que vén de poñer á venta.

O novo disco de Pedro Guerra foi producido e gravado, na súa meirande parte, en Madrid, no Estudio del Piso de Abajo (EPA). Nas sesións participaron Pedro Guerra, Angel Martos e Carlos Nerea. Sen embargo, algúns dos temas do disco foron realizados noutros lugares. Así, “El encantador de serpientes” foi gravado en Barcelona, en compañía da cantante Daniela Mercury: a canción “Miedo” realizouse en Río de Xaneiro (Brasil), con Lenine: tamén se empregaron os estudios londinienses de Abbey Road, onde se gravou toda a corda que se utilizou na montaxe e a producción.

Nove dos doce temas que compoñen Ofrenda son interpretados por Pedro Guerra en solitario. Os tres restantes son os gravados con Daniela Mercury, con Lenine, e un terceiro, “Niños”, en compañía de Julieta Venegas. Tódalas cancións foron compostas por Pedro Guerra. A producción do disco estivo a cargo de Carlos Nerea.
___________________

DISCOGRAFÍA

1983 Comeza a cantar polos ciclos culturais e festa das Illas Canarias.

1985 Forma, xunto a Rogelio Botanz e Andrés Molina o Taller Canario de Canción.
Participa no disco colectivo “LA NUEVA CANCIÓN CANARIA”.

1987 Disco TRAPERA de Taller Canario de Canción.

1988 Disco IDENTIDAD de TCC.

1989 Disco A POR TODAS de TCC. Coa colaboración de SILVIO RODRÍGUEZ o tema “Encubrimiento de América” de Pedro Guerra.

1991 Disco RAP A DURAS PENAS... de TCC. Coas colaboracións de: JOAQUIN SABINA no tema “Con pinta de tipo que busca heroína” de Andrés Molina, LUIS MORERA (Taburiente) no tema “Berlín 90” de Pedro Guerra, NATXO DE FELIPE (Oskorri) no tema “Garadea” de Rogelio Botanz e LUIS EDUARDO AUTE no tema “Sobre la luna” de Pedro Guerra.

1993 Viaxa a Madrid onde comeza a súa nova etapa en solitario.

1994 Actuacións en Libertad 8, Teatro Alfil... e bares de diversos lugares de España. VÍCTOR MANUEL e ANA BELÉN gravan “Contamíname”. Premio Ondas á Mellor Canción do ano.

1995 Disco GOLOSINAS (Primeiro disco de Pedro Guerra na súa carreira en solitario).

1996 Grava colaboracións con: LUIS PASTOR, CARMEN LINARES, JAVIER ÁLVAREZ, OSKORRI.

1997 Disco TAN CERCA DE MÍ.
Gravación no Palau de la Música do cd-single con LLUIS LLACH. Participa na “Homenaxe a SARAMAGO” en Jameos del Agua para o que compón varios temas con textos de Saramago en portugués. Participa no corto de DANIEL CEBRIÁN: UN SOLO DE CELLO no que inclúe temas: “Como en el cine”, “Cada dos días” e “Al gusto de todos”.

1998 Realiza a Banda Sonora para a película MARARÍA de Antonio Betancor pola que foi NOMEADO Á MELLOR MÚSICA DE OBRA CINEMATOGRÁFICA NOS PREMIOS GOYA. Ó pouco tempo, recibiu o PREMIO Á MELLOR SONORA CINEMATOGRÁFICA NOS PREMIOS DA MÚSICA QUE ORGANIZA A “SOCIEDAD GENERAL DE AUTORES” (SGAE).

Colabora na presentación do libro: TIEMPO DE REBELDES de José María Mendiluce. Colaboracións con KEPA JUNQUERA, SABANDEÑOS, LIUBA MARIA (Cuba), LUIS REPRESAS (Portugal), ALEJANDRO FILIO (México), LUIS PASTOR e CHICO CESAR (Brasil).
Gravación do disco RAÍZ nos estudios Trak de Madrid.
Composto e arranxado por Pedro Guerra. Coproducido por Pedro Guerra e Juan Ignacio Cuadrado.
Lanzamento disco RAÍZ.

2000 Gravación e preproducción do disco OFRENDA no “Estudio del Piso de Abajo” (EPA!) en Madrid por Carlos Narea, Ángel Martos e Pedro Guerra. Gravación de toda a corda do disco en Abbey Road Studios en Londres. Gravación da colaboración con JULIETA VENEGAS en Madrid. En Barcelona grávase a colaboración con DANIELA MERCURY. Viaxe a Río de Xaneiro (Brasil) para grava-la canción “Miedo” con LENINE.
CARLOS NAREA produce o cuarto disco de Pedro Guerra en solitario OFRENDA.

2001 Lanzamento Disco OFRENDA.

PREMIO Á MELLOR BANDA SONORA DE OBRA CINEMATOGRÁFICA NOS PREMIOS DA MÚSICA.
NOMEADO Á MELLOR MÚSICA DE OBRA CINEMATOGRÁFICA NOS PREMIOS GOYA.
Descargar todas as imaxes