Servicios Electromecánicos moderniza o alumeado público nunha redonda de acceso á Universidade
A Concellería de Servicios Electromecánicos mellorou a instalación do alumeado público no entorno do cruce de Ramiro Pascual co vial de acceso a Universidade, afectando a diversas estradas e camiños das parroquias de Castrelos, Matamá e Beade, repercutindo en 246 puntos de luz. Esta actuación beneficiará a moitas persoas que pasan diariamente pola zona debido á proximidade dun centro de saúde, un centro escolar e un instituto.
A obra consistiu na substitución das antigas liñas de cobre por outras de aluminio, luminarias modernas de menor consumo e maior rendemento lumínico e na instalación dun novo cadro de mando de alumeado eléctrico, que vai permitir controlar a iluminación pública de xeito remoto por medio dun ordenador, detectando as anomalias en tempo real. O obxectivo desta actuación é optimizar o control, mando e protección das instalacións de alumeado público co fin de reducir as avarías producidas e o tempo de resolución. Ademais, abarataranse os custos derivados das reparacións e a contratación do subministro.
Co novo alumeado xenérase maior potencia lumínica e redúcese o consumo. O custo da execución desta obra foi de 29.724 euros (5.000.000 pesetas)