Escoitar

Vigo reforzará as relacións de solidariedade co pobo saharaui

martes, 9 abr 2002
imx1273.jpg
Castrillo e Mohama
O alcalde, Lois Castrillo, reuniuse con Fatma Mohama, representante do pobo saharaui, co obxectivo de reforzar as relacións do Concello de Vigo coas asociacións galegas que defenden os seus dereitos.

A relación do Concello de Vigo co pobo saharaui vén de moitos anos atrás mediante axudas que ofrece aos campamentos e a manifestación da súa solidariedade con proxectos concretos, explicou Fatma Mohama.

Os saharauis levan 27 anos refuxiados no deserto de Alxeria e pretenden recuperar o seu país, ocupado por Marrocos. Neste sentido, a representante saharaui destacou que o clima político internacional actual non é o máis adecuado para esta recuperación.

Fatma Mohama anunciou que membros da Asociación de Amigos do Pobo Saharaui e do Frente Polisario participarán na concentración de apoio ó pobo palestino que se celebra esta tarde en Vigo.

Descargar todas as imaxes