Escoitar

Carlos Príncipe presenta a Xornada de Teatro Francés

venres, 9 nov 2001
imx763.jpg
A Concellería de Cultura patrocina un acto de celebración do 50 aniversario da Alianza Francesa que consistirá na representación de ”Le petit Cepou” (Polgariño) a cargo do grupo francés Théâtre du Mouvement. A xornada dedicada ó teatro francés celebrarase o martes, 13 de novembro no auditorio municipal.

A compañía Théâtre du Mouvement utiliza técnicas de sombras, máscaras e marionetas nun espectáculo baseado no movemento e musicalidade destinado a un público infantil e xuvenil. ”Le petit Cepou”, dirixida por Claire Heggen, é unha coproducción francesa incluída nas accións formativas desta compañía.
Descargar todas as imaxes