Escoitar

Proseguen as Xornadas de Formación do Feminismo na Escola Oficial de Idiomas

xoves, 8 nov 2001
”Muller e mitoloxía” será o tema da segunda charla organizada por Mulheres Nacionalistas Galegas dentro das Xornadas de Formación do Feminismo que contan coa colaboración da Concellería de Muller. A cita será o venres, 9 de novembro, ás 20:00 na Escola Oficial de Idiomas e contará coa presencia da ensinante Pim Patinho e con apoio audiovisual.

A relatora é ensinante e estudiosa da mitoloxía, impartiu conferencias en moitos lugares de Galicia e ten elaborado escritos nos que analiza como é vista a muller ao traverso da historia e mais particularmente ao traverso da mitoloxía.

Pim Patinho explica que cando as mulleres len estes relatos ven como moitos deles tratan de xustificar a subordinación feminina, elevala a rango de ”lei natural” ou de ”orixe divina” para así facela inmutable. ”Ó mesmo tempo dannos pautas, normas de conducta, o que debe e o que non debe ser unha muller nunha sociedade patriarcal”, mantén Patinho.