Tres especialistas debaterán sobre as identidades sexuais nun coloquio organizado pola Concellería de Muller
A Concellería de Muller organiza un coloquio titulado “Transxenerismo, transexualidade e identidades sexuais” que se celebrará o xoves, 8 de novembro, ás 19:30 no auditorio municipal da Casa do Concello.
O coloquio será presentado por Mercedes Oliveira Malvar, doutora en filosofía e profesora do instituto de bacharelato “Alexandre Bóveda” de Vigo e intervirán Empar Pineda Erdozia, terapeuta persoal na atención e seguimento das persoas transexuais na Clínica Isadora de Madrid: Cristina Garaizábal Elizalde, sicóloga clínica do Centro Ariadna en Madrid e Laura Bugallo Sánchez, doutoranda en transexualidade e educación pola Universidade de Santiago de Compostela e coordenadora do Colectivo TransGaliza, formado por un grupo de persoas que reclaman o dereito ó libre desenvolvemento da súa propia personalidade.