A situación da muller maia e os acordos de paz, tema dunha conferencia da Concellería de Muller
A Concellería de Muller organiza un coloquio titulado “A situación da muller maia e os acordos de paz. A impunidade e a comisión para o esclarecemento” que se celebrará o luns, 5 de novembro ás 20:00 no auditorio Caixa Galicia.
Rosalina Tuyuc Velásquez, presidenta da Coordinadora Nacional de Viudas de Guatemala, ofrecerá un relatorio para explicar a situación da muller maia e os acordos de paz. Foi a primeira muller maia que chegou a ser deputada no Congreso e vicepresidenta de Guatemala.
Debido ós seus esforzos no ámbito nacional e internacional no eido dos dereitos humanos, dereitos das mulleres e dereitos dos pobos indíxenas, Rosalina Tuyuc recibiu, entre outros, os premios Líder do ano, outorgado polo Congreso empresarial de Guatemala (1993): a Cruz de Caballeros da Lexión de Honor do Goberno de Francia (1994): Premio Humanitario CARE Internacional e o Premio do Centavo de Oro.
O acto será presentado por Victoria Iglesias Molares, compoñente do comité de Solidaridade con América Latina (COSAL) e da Coordinadora Feminista-Donicela.