O período voluntario de cobranza do IBI e IAE remata o próximo luns
Os contribuíntes que recibiron no seu domicilio un xogo de impresos para efectuar o ingreso correspondente ó Imposto sobre Bens Inmobles e o Imposto de Actividades Económicas poderán realizar o pagamento ata o vindeiro luns, 5 de novembro, en calquera oficina bancaria.
Os cidadáns que non recibiron o impreso poderán facer o ingreso no mesmo prazo nas entidades BBVA, La Caixa ou Caixanova.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, os recibos que non fosen satisfeitos serán reclamados pola vía de constrinximento segundo o establecido no artigo 97 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.