Escoitar

Saiáns contará cun centro sociocultural

martes, 30 out 2001
imx728.jpg
Os terreos municipais da antiga radio costeira de Saiáns son o lugar elixido polo Concello para construír o Centro Sociocultural que dará servicio á parroquia. O alcalde, Lois Castrillo, asinou un convenio que permitirá a construcción dun inmoble que poderá acoller diversos servicios como un centro de día para persoas maiores ou unha biblioteca pública.

A construcción deste centro social realizarase mediante unha operación urbanística que non terá custo para o Concello. O alcalde asinou un convenio cos propietarios do chalé situado no número 86 da rúa Pi y Margall para que ese edificio se reconstrúa totalmente en Saians. O chalé é un inmoble de pedra, cunha superficie útil de 350 m2, proxectado polo arquitecto Jenaro de la Fuente e incluído no catálogo de edificios a conservar.

Lois Castrillo considera a operación un exemplo de xestión urbanística, xa que permite a conservación dun edificio de valor arquitectónico e a súa utilización para fins sociais e culturais. Os propietarios do chalé están obrigados a presentar no prazo de dous meses o proxecto para o traslado e reconstrucción do edificio. Unha vez aprobado, a obra deberá ser executada nun tempo máximo de seis meses.
Descargar todas as imaxes