Os concertos de formación de públicos realizarán un ”percorrido narrado polo mundo da música”
O vindeiro mércores 31 de outubro ás 20:30 horas no Cine Fraga-Caixa Galicia celebrarase o primeiro dos concertos da serie de “Concertos de Formación de Públicos” programados no Festival de Música de Vigo Are-More 2001.
Os outros dous “Concertos de Formación de Públicos” celebraranse o venres 2 de novembro ás 19:30 h. no Auditorio do Centro Social de Coia e o domingo 4 de novembro ás 12:00 h. no I.B. Santa Irene nas Travesas tal e como se anunciou. Todos estes concertos serán de acceso gratuíto ata completa-la capacidade.
Os concertos de formación, que levan por título “Percorrido narrado polo mundo da música”, estarán a cargo da Orquesta Clásica de Vigo baixo o obxectivo da formación de todo tipo de públicos para crea-lo hábito de escoita-la música culta en tódalas súas expresións e interesar dende mozos a maiores na audición de pezas musicais.
O público asistente, poderá non só escoita-las pezas que se interpreten senón tamén asistir a explicacións e adquirir nocións suficientes como para poder ir comprendendo a música clásica.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes