O concelleiro de Vías e Obras anunciou melloras na rúa Chile
O concelleiro de Vías e Obras, Uxío González, anunciou que coa realización de obras de canalización de gas e cable previstas na rúa Chile acometeranse as obras de humanización que mellorarán a calidade de vida dos cidadáns que transitan esa zona.
O Pleno da Corporación aprobou unha moción do grupo municipal de Progresistas Vigueses na que se propón que técnicos municipais inspeccionen unha empresa de Ríos-Teis que produce un alto grao de contaminación, segundo establece o texto da moción. Esta situación denunciarase ante a Delegación provincial de Industria e darase conta desta resolución perante a Autoridade Portuaria.