Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Sentido único en diversos treitos da rúa Subida á Ponte

venres, 12 set 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona
establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: Subida á Ponte, entre os números 02 e 12, con
entrada por Av Galicia. Subida á Ponte, entre os números 27 e 25, con sentido cara ao número 25.
Balbarda, entre os números 77 e 45, con entrada pola Av Galicia. Balbarda, entre os números 29 e
35, con sentido cara ao número 35. dende o xoves 18 de setembro de 2008 ás 10:00 horas.

Prégase a máxima atención á sinalización.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.