O Plan Municipal de Emprego aposta pola formación ocupacional en empresas para a inserción de desempregados no mundo laboral
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, asinou esta mañá, no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, o II Plan de Formación que contempla tres convenios de colaboración con diferentes empresas da cidade. As empresas desenvolverán cursos de formación ocupacional para 45 desempregados co compromiso de contratar á metade dos participantes por un período non inferior a tres meses, sempre que rematen a acción formativa satisfactoriamente.
As empresas asinantes dos convenios son Deipnon,S.L., que levará a cabo o curso de “Camareiros/as de restaurante-tapería, pub-discoteca e cervexería”: a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), que impartirá o de “Gruísta da construcción”: e a empresa Gadiex, S.L. que desenvolverá o de “Instalador/a de cartón-xeso”.
Os beneficiarios destes tres cursos seleccionaranse entre os desempregados entrevistados polo persoal do Servicio de orientación laboral, que respondan ó perfil solicitado pola empresa e teñan dentro do seu itinerario formativo a necesidade de realizar cursos de formación ocupacional para mellora-las súas condicións de ocupabilidade.
A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego destina para este II Plan Formativo máis de 9 millóns de pesetas, que sumado á primeira edición supón un orzamento de máis de 20 millóns en formación ocupacional neste ano 2001 no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003. Para o deseño destes cursos tivéronse en conta os intereses formativos manifestados polas persoas usuarias do Servicio de Orientación Laboral do Concello e as necesidades detectadas no mercado de traballo.
A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito productivo real, que é a empresa, onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, coñece-las relacións laborais e a organización dos procesos productivos.