Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde avanza a posta en marcha da campaña "Vigo libre de plásticos"

Segundo explicou, trátase dunha campaña de concienciación colectiva sobre a necesidade de eliminar os plásticos da vida diaria. Amais, Cabalero referiuse á ordenanza para eliminar o tabaco das praias de Samil, O Vao e as Illas Cíes.




Abel Caballero asistiu este xoves xunto á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á presentación da campaña informativa "Experiencias Sostibles", coa que o ente provincial quere concienciar á cidadanía dos efectos dos plásticos na saúde e no medio ambiente.

O alcalde de Vigo felicitou á presidenta da Deputación por esta acción, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, e adiantou que dende o seu goberno están deseñando unha campaña de concienciación colectiva baixo o lema "Vigo libre de plásticos", que se iniciará despois do verán e que aspira a que sexa un exemplo en España e Europa. "Queremos que outras cidades españolas e europeas sigan esta mobilización", sinalou.

Así, o rexedor destacou o importante nivel de concienciación social sobre o medio ambiente e vida saudable que percibe nestes momentos no que "a gran peste se chama plásticos e están matando o planeta e o mar", polo que, dixo, "temos que actuar con contundencia. Temos que terminar cos plásticos". Así, animou á cidadanía a empregar bolsas de tela e empregar envases alternativos, biodegradables.

Abel Caballero referiuse tamén á elaboración da ordenanza municipal que limitará o tabaco nas praias de Samil, O Vao e as Illas Cíes tras a consulta web realizada na que participaron "40.000 persoas e o 80% dixo que as querían libres do fumo de tabaco", sentenciou.
Mais noticias
O Concello programa actividades náuticas na ETEA para nenos e nenas
O Goberno de Vigo dedica 63.000 euros ao Festival Folclórico Internacional
Sondeseu abre este xoves os concertos do Concello na Porta do Sol
Estética impresionista e Art Decó, a proposta pictórica de Menchu Abril para a Alcaldía


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003