Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 11 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello programa actividades náuticas na ETEA para nenos e nenas

Abel Caballero visitou este xoves o antigo recinto militar, onde o goberno de Vigo leva adiante o "Verán Náutico na ETEA", un campamento no que os nenos e nenas practican vela lixeira, deportes de arrastre, kaiak, windsurf e paddle board, entre outras. Este verán o Concello ofrece máis de 32.000 prazas en actividades infantís e xuvenís.




O Concello ofrece este verán catro quendas ao longo de xullo e agosto, de tal forma que oitenta rapaces e rapazas poden participar do "Verán Náutico na ETEA". O alcalde visitou este xoves ao primeiro grupo de nenos e nenas, que conclúen mañá o seu campamento.

Segundo explicou o propio alcalde, o goberno de Vigo ofrece nesta proposta estival a práctica de deportes náuticos como a vela lixeira, deportes de arrastre, kaiak, windsurf e paddle board, xunto a outras actividades como obradoiros, xogos medioambientais ou saídas de carácter cultural.

"Verán Náutico na ETEA", recordou Caballero, forma parte da oferta estival de actividades de ocio e campamentos para o público infantil e xuvenil, que este ano se eleva ata as 32.000 vacantes, "case que 5.000 máis que o ano pasado", asegurou o rexedor. A proposta inclúe espazos aos que acudir con menores de tres anos, accións de tempo libre, campamentos urbanos e actividades xuvenís ata os 30 anos, subvencionados de media case que nun 70% do seu custe, indicou Caballero, polo Concello de Vigo.
Mais noticias
O alcalde avanza a posta en marcha da campaña "Vigo libre de plásticos"
O Goberno de Vigo dedica 63.000 euros ao Festival Folclórico Internacional
Sondeseu abre este xoves os concertos do Concello na Porta do Sol
Estética impresionista e Art Decó, a proposta pictórica de Menchu Abril para a Alcaldía


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003