Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 20 de abril de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde convocará o pleno de Zona Franca que dará vía libre á Cidade do Mar na ETEA

Abel Caballero convocará o pleno de Zona Franca para aprobar os convenios da Cidade do Mar o próximo martes 25 de abril, ás 19,00 h. Así llo transmitiu persoalmente esta mañá ao reitor da Universidade co que mantivo unha reunión esta mesma mañá na Alcaldía.




O rexedor avanzoulle esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que o próximo martes 25 de abril, ás 19,00 h, se celebrará o pleno de Zona Franca que permitirá aprobar os convenios coa Xunta e coa Universidade para dar luz verde ao Campus do Mar. Tal e como explicou, o alcalde da por rematado o prazo "razoable" que lle deu á Xunta esixíndolle no nome da cidade a cesión directa deses edificios que ten na ETEA e polos que a Zona Franca "lle vai agasallar con 5,5 millóns de euros". O rexedor reiterou a súa vontade de cooperar coa Universidade "de xeito permanente e constante" pero advertiu de que esta falta de implicación da Xunta pasará a formar parte da débeda histórica da Xunta con Vigo. Na mesma liña, lembrou os 3,5 millóns que o Concello se viu obrigado a investir na expropiación dos terreos nos que se ía construír a Cidade da Xustiza e que, finalmente, no serán usados con tal fin, segundo decisión da propia administración autonómica. Trátase, dixo, doutra "chantaxe a esta cidade".

Respecto dos investimentos na ETEA, Caballero contrapuxo os "0 euros" que inviste a Xunta coas obras que desenvolveu o Concello: remodelación do pavillón deportivo, posta en marcha inmediata doutra parte deste pavillón, construción dun campo de fútbol, mantemento de viais, acceso desde a ETA á praia da Punta, paseo peonil ou adecuación da praia urbana.

Cooperación
Na mesma comparecencia, o alcalde avanzou que nas próximas semanas será efectiva a volta do reitorado á cidade, ao edificio municipal do Areal, onde ademais a Universidade contará cun aula para maiores. Tamén reiterou a cooperación municipal coa exposición do Pergamino Vindel así como a posta en marcha do estudo do mecanismo que permitirá ao goberno local adicar medio millón de euros a bolsas de comedor e de inglés dos alumnos universitarios.
Mais noticias
O goberno local apoia con 45.500 euros a reinserción sociolaboral das vítimas de violencia de xénero


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003