Escoitar

Caballero denuncia que Vigo queda fóra das novas prazas en residencias de maiores anunciadas pola Xunta

O alcalde reclama explicacións ao presidente do executivo galego, Alfonso Rueda, e sinala que Vigo dispón de 604 prazas públicas de ámbito autonómico fronte ás 3.586 que necesitaría segundo a ratio establecida pola OMS.

martes, 15 set 2026

“¿Cantas prazas novas de residencias de maiores vai facer en Vigo? Cero. Nin unha”, lamentou, reclamando explicacións ao Goberno galego porque Vigo é “a cidade con maior poboación de Galicia e coa maior demanda de prazas”.

Caballero sinalou que, aplicando a ratio do 5% de prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos que atribuíu á Organización Mundial da Saúde, Vigo necesitaría 3.586 prazas públicas, fronte ás 604 de titularidade autonómica das que dispón actualmente. “Temos soamente o 17% das prazas que deberiamos ter”, afirmou, asegurando ademais que Vigo presenta “a peor ratio de toda Galicia”.

O rexedor cualificou de “extraordinaria gravidade” que, pese a esta situación, ningunha das 1.800 novas prazas anunciadas pola Xunta se vaia crear na cidade. “No resto de Galicia van facer as prazas e en Vigo, cero”, criticou, engadindo que o Concello achega 350.000 euros anuais para cofinanciar prazas nos centros de día de Valadares e Atalaia, de titularidade autonómica.

Descargar todas as imaxes