Caballero recibe á subcampioa de Europa xuvenil de balonmán praia
O alcalde recibiu este mércores no Concello á deportista viguesa de 17 anos que vén de proclamarse subcampioa de Europa xuvenil de balonmán praia no campionato celebrado o pasado mes de xullo en Zagreb, Croacia. A xogadora pertence ao Club Balonmán Praia Petanca (Anubia Petanca), no que se formou desde a categoría infantil. O rexedor felicitouna polo éxito acadado a nivel internacional e puxo en valor a súa traxectoria e a capacidade do deporte vigués para formar novas promesas.