Caballero destaca o "valor infinito" das familias de Vigo que acollen no verán a máis de cen nenas e nenos saharahuis
O alcalde destacou este xoves o valor do traballo que realiza a ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharahui a través do programa "Vacacións en Paz", á vez que agradeceu ás familias de Vigo a súa decisión de acoller aos nenos que viven no campamento de Tinduf. "Esta cidade é a vosa cidade", afirmou Caballero ao reiterar o apoio do Gobierno municipal a unha iniciativa solidaria que cada ano facilita a estancia na cidade a máis de 100 nenos e nenas. Maite Isla, presidenta de SOGAP, afirmou que "somos a envexa de toda España en familias de acollemento e polo apoio do alcalde de Vigo".