O Concello mellorará o abastecemento de Beade e Bembrive e as redes das rúas Castañal e Morrohome
A Xunta de Goberno encomendará á empresa concesionaria do servizo de abastecemento a redacción do proxecto para mellorar a captación de auga nos mananciais das parroquias de Bembrive e Beade.
Abel Caballero, tras explicar que os mananciais supoñen un 4 por cento das achegas da auga ao sistema de abastecemento de Bembrive e Beade, avanzou que o Concello adaptará as captacións ao novo marco normativo que fixa os criterios técnicos e sanitarios da calidade de auga de consumo, o seu control, así como a súa subministración.
As obras dotarán ás captacións de auga dos mananciais dun sistema de filtración e conlevarán melloras nos elementos de peche, así como a instalación de sistemas de protección e a vixilancia nos puntos de toma.
O alcalde destacou que a intervención prevista polo Concello mellorarán a calidade da auga, alén de facilitar un mantemento adecuado das instalacións.
Na Xunta de Gobeerno de mañá tamén se apobará a substitución das tubaxes da rúa Castañal e do camiño Morrohome, en Beade, ata a confluencia da rúa Lombeiro, que á súa vez conecta coa rúa Castañal. Destacou que o obxectivo é solucionar os problemas que causan as roturas reiteradas rexistradas na rede de abastecemento como consecuencia da antigüidade das instalacións, alén de solucionar a perdas de auga.