Escoitar

O Goberno local aproba a humanización dos accesos á ermida da Guía

Abel Caballero desvelou esta mañá que a Xunta de Goberno Local dará luz verde a esta actuación en Teis, que terá un orzamento de 638.000€.

xoves, 12 feb 2026

O Concello de Vigo aprobará na Xunta de Goberno Local deste venres o proxecto da humanización dos accesos á ermida da Guía en Teis. Os obxectivos da actuación son conseguir unha recuperación e mellora do espazo urbano no acceso á ermida, adaptando a sección da rúa e “potenciando o espazo do peón fronte ao do coche”, como explicou o rexedor.

A lonxitude de actuación é de 200 metros e terá un ancho variable entre 5 e 10 metros, o que supón unha superficie de 3.096 m2. Entre os traballos que se executarán: 

  • Demolición da estrutura en beiril da pasarela peonil.
  • Demolición da antiga cafetería e acondicionamento do camiño que da acceso á mesma.
  • Redistribución do vial cunha nova sección transversal, transformándoo nun espazo de prioridade peonil con tráfico vehicular restrinxido.
  • Renovación do pavimento do vial en formigón e repavimentación da rampla de acceso ao cruceiro.
  • Renovación da rede de iluminación e instalación de unha nova iluminación tipo LED.
  • Instalación de nova rede eléctrica para poder independizar o alumeado.
  • Instalación dunha nova rede semafórica para a regulación do tráfico.
  • Instalación de rede de rego.
  • Instalación de varanda, mobiliario e plantación de vexetación.

Caballero resaltou que se trata dunha “obra importantísima”, que terá un investimento de 638.000€ e conta cun prazo estimado para a execución das mesmas é de 5 meses.

Descargar todas as imaxes