Os taxistas achegan a 200 persoas maiores a percorrer as luces do Nadal
Os taxistas da cidade poñen en marcha de novo a iniciativa solidaria que facilita ás persoas maiores o percorrido polo Nadal da cidade. O alcalde achegarase esta tarde á Porta do Sol para saudar aos 200 beneficiarios dunha acción na que participan uns 40 taxis.
Abel Caballero saudará esta tarde ás persoas maiores que viven en residencias que esta tarde se achegarán á árbore xigante da Porta do Sol. Unha vez máis, o colectivo de taxistas da cidade facilitará a unhas 200 persoas un percorrido polas rúas iluminadas distribuídos en 40 vehículos. Organizada por Central Radiotaxi, contará coa participación de profesionais de todas as organizacións do taxi de Vigo.