Escoitar

Vigo apaga o Nadal cun 75 por cento de ocupación hostaleira en decembro

O apagado da iluminación do Nadal o vindeiro domingo pechará unha festas cun nivel de ocupación hostaleira que no pasado mes de decembro alcanzou o 75 por cento, fronte ao 70 por cento de 2024. “É unha ocupación impresionante”, afirmou o alcalde.

venres, 9 xan 2026

Abel Caballero explicou hoxe que a maior parte dos visitantes do Nadal de Vigo procede de distintas cidades españolas, alcanzando o 47,7 do total, seguidos dos turistas estranxeiros cun 42,6 por cento e dos do resto de Galicia cun 9,7 por cento.

Do total de foráneos, o 70 por cento proceden de Portugal, incidiu o rexedor ao afirmar que “Portugal redescubrió o Nadal e flúen dunha forma extraordinariamente importante aos hoteis e aos restaurantes” e que o 5 por cento son de Italia, o 4,5 por cento de Estados Unidos. “Seguimos batendo récords co Nadal e seguimos sendo o Nadal de todo o planeta”, destacou Caballero.

Apagado

O alcalde explicou que a hora do apagado das luces de Nadal, programado para o domingo, determinarase en función da meteoroloxía e anunciarase a través da web municipal, aínda que a previsión inicial é que o acto teña lugar ao redor das 19.30 horas. “Apagaranse as luces do Nadal de todo o planeta desde Vigo”, recalcou.

Descargar todas as imaxes