Escoitar

O PXOM, listo para a súa aprobación con todos os informes favorables

O Concello recibiu o informe favorable de Costas do Estado. “Estará aprobado no prazo dun mes, aproximadamente”, afirmou o alcalde.

venres, 21 feb 2025

“O PXOM conta xa con todos os informes preceptivos favorables”, declarou o alcalde, que avanzou que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo se aprobará de xeito definitivo no prazo dun mes.

O Concello recibiu esta mañá o informe favorable de Costas do Estado, polo que está en disposición de ser aprobado polo goberno local. “Ao longo deste mes a equipa redactora do Plan incorporará as cuestións que aparecen nos informes”, explicou.

Caballero celebrou este fito “porque o PXOM supón vivendas asequibles, vivendas a prezo taxado, zonas dotacionais, zonas verdes, espazos culturais e deportivos... A especulación quedará definitivamente desterrada da cidade de Vigo”, subliñou na súa intervención.

Descargar todas as imaxes