O Concello aproba o proxecto de humanización da estrada Clara Campoamor por 1.232.534 euros
O alcalde anunciou a aprobación na Xunta de Goberno Local do proxecto de humanización da estrada Clara Campoamor, entre Ramiro Pascual e Álvaro Cunqueiro, por 1.232.534 euros. "Unha obra magnífica que tiña que facer a Xunta de Galicia. En Coruña fai exactamente o mesmo a Xunta e aquí teno que facer o Concello", remarcou.

Abel Caballero explicou este venres que as obras, que comezarán a finais de verán entre as rotondas do Hospital Álvaro Cunqueiro e a rúa Ramiro Pascual, contan cun prazo de execución de cinco meses.
As obras de humanización inclúen a renovación da calzada e instalación das beirarrúas, así como a renovación das redes de servizos, un novo sistema de saneamento e drenaxe da auga. Tamén se procederá a renovar a luminaria e a rede de distribución da enerxía eléctrica.